Noticias
17 de decembro de 2012
Carlitos conduce a contundente vitoria del Burela B en Vigo (1-6)

O Burela FS Pescados Rubén FS B despediu os compromisos a domicilio de 2012 cunha importante vitoria, ante un rival directo, impoñéndose con contundencia ao C. de Vigo IES Coruxo FS por 1-6. A xornada goleadora estivo conducida por Carlitos, autor de 4 dos 6 tantos laranxas, que hoxe volverá adestrar con Galicia Sub-19, na preparación do nacional (municipal compostelán de Santa Isabel, 19.00).


Os mariñáns empezaron indecisos  tanto en ataque como en defensa pero a gran efectividade nos primeiros minutos fixo que en tres boas boas chegadas á contra se puxeran cunha renda de 3-0, xa no minuto 9, da autoría de Souka, Carlitos e Antón. A partir de aí o equipo foi adquirindo o ton axeitado en defensa e o rival non puido crear moito perigo. No minuto 11, Antón e o visitante Pablo foron expulsados nunha decisión moi rigorosa. No tres para tres o cadro burelista foi claramente superior ao Coruxo e puxo o 0-4 no marcador, o segundo de Carlitos (minuto 13). Na recta final, un rexeitamento fixo que o equipo local metese o 1-4 (minuto 18).


Tras o descanso, o Burela FS intensificou a solidez defensiva e en dúas boas contras, que finalizaría Carlos, subiu o 1-6 definitivo (28 e 30). Superado o 30, os vigueses decidiron sacar o porteiro-xogador, pero unha boa defensa e un gran Brais fixeron que os laranxas non sufriran e mantiveran o luminoso inalterable.


Ficha técnica


IES Coruxo:  Alejandro, Pablo, Javier, Francisco Javier e Mario; tamén xogaron Arón, Andrés, Cristian, Santi e Carlos.


                                                                           
Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Souka, Antón e Carlos; tamén xogaron Xoia, Helder, Arón e Pichi.


Goles: 0-1, minuto 4, Souka; 0-2, minuto 6, Carlos; 0-3, minuto 9, Antón; 0-4, minuto 13, Carlos; 1-4, minuto 18, Arón; 1-5, minuto 28, Carlos; 1-6, minuto 30 Carlos

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores