Noticias
18 de decembro de 2012
Vista Alegre habilitará unha Fila 0 por Olaya, coincidindo co Burela FS-Santiago Futsal (sábado 22, 18.30)

O Burela FS Pescados Rubén recibirá o Nadal dunha forma moi especial, con derbi galego ante o Santiago Futsal (sábado 22, 18.30 horas) e con espírito solidario. Na despedida de 2012, o club laranxa habilitará en Vista Alegre unha Fila 0, cuxa recadación irá destinada á causa de Olaya, un bebé da parroquia veciña de Fazouro que precisa unha prótese de man.


Con esta iniciativa, a entidade burelista súmase aos continuos apoios que a familia de Olaya Pardo Pérez está recibindo por toda A Mariña para custear as intervencións á que será sometida e contribuirá co gran de area do fútbol sala da comarca ao seu crecemento e felicidade. Olaya, que cumprirá tres meses o venres 21, terá que desprazarse a Barcelona para colocar a súa primeira prótese; salvados os gastos da primeira intervención, serán necesarias outras para adaptar a prótese ao desenvolvemento da nena focega.


Un xoguete, unha ilusión. Ata o sábado, polas tardes, a peña burelista A Pataca Naranxa tamén recollerá no pavillón os xoguetes doados para a campaña da Cruz Vermella ‘Un xoguete, unha ilusión’. O colectivo tamén manterá o servizo a domicilio, co que comezou hai tres anos; poderase concertar a través do número de teléfono da peña, 607 74 87 86.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores