Noticias
20 de decembro de 2012
As xoias burelistas reciben o Nadal con diversión sobre as pistas

As xoias da estrutura burelista recibirán a ilusión do Nadal esta fin de semana con diversión competitiva sobre as pistas.


Na Liga Nacional Xuvenil, o cadro de Iván Cao ‘Lucas’ soñará co turrón o sábado na pista do Noia, ás 12.00 horas.


O domingo volverá á bomboneira a Liga Autonómica Infantil, como antesala do Burela FS-Roldán da Primeira División RFEF (12.30); os laranxas exercerán de anfitrións ante o CD Mare Nostrum, ás 10.45 horas.


Entre os máis pequenos, o ED EON Burela FS Benxamín disputou onte a terceira xornada de Deporte Escolar na pista do EDM Cervo, con vitoria para os laranxas, 3-9.


Liga Nacional Xuvenil


Noia FS-Burela FS
Sábado 22 de decembro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Noia


Liga Autonómica Infantil


ED EON Burela FS-CD Mare Nostrum
Domingo 23 de decembro, ás 10.45 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores