Noticias
20 de decembro de 2012
A capitanía laranxa adiántase a Papá Noel

O Burela FS Pescados Rubén volveu asumir un Nadal máis o rol de axudante de Papá Noel no Hospital da Costa, repartindo ilusión e bos desexos entre os máis pequenos. Os capitáns laranxas Dolo e Juanma acudiron  hoxe á tradicional visita á área de Pediatría do centro mariñán, xunto ao director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, e o director deportivo da entidade, Marcelo Santoro.


Os membros da entidade burelista compartiron uns momentos entrañables cos meniños ingresados e as súas familias; exerceron de intermediarios de Santa Claus entregándolles agasallos e trasladáronlles “os mellores sentimentos de toda a familia laranxa para unha pronta recuperación”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores