Noticias
23 de decembro de 2012
Obxectivo máis que cumprido ¡2013 promete...!

O Burela FS Pescados Rubén pecha un impresionante 2012 regresando á súa senda habitual, impoñéndose con xustiza ao novel Roldán FSF esta mañá en Vista Alegre (3-0). O seleccionador nacional, José Venancio López Ferro, foi testemuña da décima vitoria para as laranxas na liga 2012-13.


Pouco traballo tivo Jozi antes do descanso. A posesión e as ocasións non se resistiron á denominación de orixe laranxa. Peque selou o golpe de autoridade mariñá empuxando o 1-0 xa no minuto 2, en colaboración con Dolo, logo de superar a Grandi. Antes de cumprirse o 5 de xogo, volveron a avisar Lucía e Maite, rozando o esférico diante da meta visitante. Paula, no 8, tamén puxo nerviosa a porteira murciana e antes Maite, de lonxe. Chegando ao ecuador empezaron a proliferar as oportunidades nas zapatillas de Lidia Mesías, nun tiro cruzado raso que perdeu forza acariñando o poste e, pouco despois, estrelando contra o largueiro, tras un saque de esquina e lanzamento exterior. Maite e Lidia aínda puideron abrir a fenda roldando o minuto 15. Marta Peñalver protagonizou a oportunidade máis clara para o Roldán, no 11, aproveitando un erro na área burelista, que bateu en Jozi. Antes do descanso, Chiqui tamén tenteou a solidez da guardameta brasileira, que despexou sen demasiados problemas.


Regresaron as burelistas á pista de Vista Alegre con máis perigo, aínda que tamén con máis traballo en defensa. Con todo, estaba claro, a cita dispoñía do selo de calidade do Burela FS e diso deixou constancia, de novo, Peque, que aproveitou un pase longo de Jozi, tras apropiarse do balón desde tentativa murciana en saque de esquina. Lucía anotou o 3-0, no 24, de penalti. O Roldán non desistiu e recorreu a Mayte Mateo para o xogo de cinco; no 34, Marta Peñalver fixo tremer con estrépito o pau laranxa. O cadro mariñán aplicouse en defensa con rigor e seriedade para deixar o luminoso baleiro, con varias tentativas para ampliar a renda. A falta de 23 segundos, Peque lanzou a porta baleira, pero interpúxose o pau; sobre a bucina e fóra do tempo regulamentario, Lucía conseguiu materializar de novo a porta baleira.


Ano novo. As pupilas de Javier Pardeiro prepararon o terreo para estrenar 2013 ao grande, desprazándose á pista do Atlético de Madrid Navalcarnero, na pugna polo liderado. Madrileñas e burelás disputarán a 14ª xornada, prevista no calendario para o 12 de xaneiro, o día 17.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores