Noticias
24 de decembro de 2012
Cores laranxas, no I Trofeo do Nadal Mariñán de Imdecum

A chegada do Nadal obriga a tomarse un pequeno descanso nas diferentes competicións ligueiras, aínda que o fútbol sala laranxa non se pode resistir ao seu desexo polas pistas e seguirá dando renda solta ao seu espírito para despedir 2012, coa participación no I Trofeo do Nadal Mariñán (27-29 de decembro), organizado pola Fundación Imdecum.


Un total de 8 equipos burelistas, entre benxamín e xuvenil, daranse cita na devandita festa futbolística en Burela, que arrincará o xoves 27, coa xornada inaugural a cargo do seleccionador internacional José María Pazos ‘Pulpis’, cun relatorio versado no “Camiño á elite” (IES Monte Castelo, 16.30 horas) aberto ao público e destinado especialmente a afeccionados/as e profesionais do deporte. Os pavillóns Vista Alegre e Monte Castelo albergarán o apartado de competición, venres e sábado, para o que xa están confirmados ademais a EDM Cervo,  Cidade de Viveiro, Ribadeo e Sarria.


Resultados da fin de semana:


Liga Nacional Juvenil


Noia FS 1-3 Burela FS


Liga Autonómica Infantil


ED EON Burela FS 5-7 CD Mare Nostrum

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores