Noticias
23 de decembro de 2012
Los pupilos de Lucas levaron o derbi lugués (4-1)

O Burela FS Pescados Rubén B recibirá 2013 nunha meritoria dinámica tras levar o derbi lugués en Terceira División. Os pupilos de Iván Cao, Lucas, impuxéronse con solvencia ao Vilalba FS na casa (4-1), nun encontro no que xa tomaron a dianteira nos primeiros minutos.


Carlitos foi o responsable da primeira ledicia da tarde en Vista Alegre, inaugurando o luminoso xa no minuto 4. Os laranxas tiveron que conformarse con marchar ao tempo de descanso coa axustada distancia do 1-0. Á volta, a portería vilalbesa conseguiu resistirse ata o 29, cando Arón apareceu para subir o 2-0. A falta de dous minutos, Rodrigo acurtou vantaxe, pero Keko erradicou calquera vacilación no marcador por partida dobre, no 39 e no 40, co 4-1 final.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores