Noticias
28 de decembro de 2012
A Pataca Naranxa tamén se oirá na cidade amurallada

A Pataca Naranxa acompañará o CD Burela FS Pescados Rubén nunha viaxe organizada para recibir cunha ledicia o ano, o 4 de xaneiro, na cidade amurallada (21.15 horas). As voces da peña afinarán os seus cantos para apoiar o equipo no regreso á competición de Primeira División, na pista do Azkar Lugo.


Ata o xoves  3 de xaneiro todos os socios/as da Pataca poderán apuntarse para o desprazamento no número de teléfono 607 74 87 86; o custo da viaxe, coa entrada para o partido e bocadillo, será de 7 euros. O resto das persoas poderán inscribirse no caso de que queden prazas libres.


O autobús partirá ás 19.00 horas da cafetería Vista Alegre, ao lado da estación de servizo, e regresará ao finalizar o encontro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores