Noticias
3 de xaneiro de 2013
Solidariedade laranxa para Olaya

O Burela FS Pescados Rubén estreou o ano con solidariedade laranxa. Os pais de Olaya Pardo Pérez, un bebé da parroquia veciña de Fazouro que precisa unha prótese de man, recibiron onte a recadación da Fila 0 habilitada o pasado 22 de decembro, durante o encontro ante o Santiago Futsal. Xunto ás colaboracións da afección de Vista Alegre, o presidente da entidade burelista, José Ramón González Casas, tamén lle fixo entrega á familia da nena doutra achega económica por parte do club.


Olaya, que cumpriu tres meses o pasado 21 de decembro, está recibindo diversos apoios particulares e de colectivos por toda A Mariña, sumándose ás iniciativas do propio contorno familiar, para custear as intervencións ás que será sometida. A meniña focega terá que desprazarse a Barcelona para colocar a súa primeira prótese; salvados os gastos da primeira operación, serán necesarias outras para adaptar a prótese ao seu crecemento.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores