Noticias
4 de xaneiro de 2013
As pupilas de Pardeiro volven o 17 de xaneiro

As pupilas de Javier Pardeiro fanse esperar. Non volverán ao atafego de Primeira ata o xoves 17 de xaneiro, na pista do Atlético de Madrid Navalcarnero (La Estación, 20.30 horas), nun auténtico duelo de titáns.


O choque entre madrileñas e galegas pechará os resultados da 14ª xornada, disputada ademais entre o 5 e o 12 de xaneiro. Na véspera dos Reis Magos mediranse Diamante Logroño-Valladolid, Centelles-UA Alicante, Cidade das Burgas-Móstoles y Roldán-Soto del Real. A próxima fin de semana proseguirán Lacturale Orvina-Gironella y Alcorcón-Amarelle.


Para a escuadra mariñá este desprazamento converterase na opción de poñer terra por medio ante o Navalcarnero antes da xornada de descanso, que bota o peche da primeira volta para as laranxas.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores