Noticias
8 de xaneiro de 2013
Último adestramento de Lidia e Lara, antes do Nacional Sub-23 (Murcia, 11-13 xaneiro)

As xogadoras do Burela FS Pescados Rubén Lidia Mesías e Lara Balseiro realizarán hoxe o último adestramento con Galicia, antes do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-23; comezará ás 20.00 horas, no pavillón compostelán de Roxos.


A convocatoria de Manuel Castillo está integrada por 12 futbolistas. Xunto ás laranxas, tamén participarán na última sesión Ana López, Lucía Álvarez e Iria Saeta, do Cidade das Burgas; Vanesa Sotelo, Ana Rivera e Jessica Diéguez, do Ponte Ourense; Iria Vieiro, do Valdetires Ferrol; Patricia Román, do Fisober; e Lucía Gómez e Patricia Corral, do Viaxes Amarelle. 


O combinado irmandiño disputará a fase previa entre o 11 e o 13 de xaneiro en Murcia (pavillón municipal José María Cagigal), integrado no Grupo D, co anfitirón e Castela e León como rivais. O resto dos grupos estarán compostos por: Estremadura, Castela A Mancha e Aragón, no A; Cataluña, Comunidade Valenciana e A Rioxa, no B; e Madrid, Cantabria e País Vasco, no C. Accederán ás semifinais os campións.


Venres 11 de xaneiro


20.00 horas: Castela e León-Galicia


Sábado 12 de xaneiro


18.00 horas: Perdedor Castela e León/Galicia-Rexión de Murcia


Domingo 13 de xaneiro


11.30 horas: Gañador Castela e León/Galicia-Rexión de Murcia



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores