Noticias
10 de xaneiro de 2013
Volve a actividade ligueira tras o Nadal

Pouco a pouco, as categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén volven á actividade ligueira tras as breves, pero intensas, vacacións de Nadal. Esta fin de semana tocará Liga Nacional Xuvenil, Autonómicas Xuvenil, Cadete e Infantil e Liga da Mariña Prebenxamín.


A primeira cita da semana protagonizaraa o Cadete de Autonómica, saltando á pista do Carballiño FS mañá (pavillón Paco Chao, 21.00 horas).


Os máis pequenos recibirán 2013 o sábado, coa visita do AD Praia de Covas ao pavillón Monte Castelo (16.00 horas). As categorías xuvenil e infantil disputarán todos os seus compromisos fóra de Burela; pola tarde, o Xuvenil de Autonómica viaxará a Lugo para medirse ao CP Casás (Casa do Deporte, 16.00 horas) e o Infantil Autonómico xogará ante o ADFS Bueu (municipal, 17.30 horas). O domingo pola mañá, Nacional Xuvenil preparará derbi mariñán, na casa do CFS Cidade de Viveiro (pavillón municipal, 12.00 horas).


 


A Mariña Cadete, na fase final


A Selección da Mariña Cadete disputará a fase final do Campionato Autonómico o vindeiro 27 de xaneiro, en Santiago de Compostela. Conseguiu o billete na primeira eliminatoria, a un só partido, nos penaltis ante o combinado de Lugo (2-2).


Resultados do luns 7 de xaneiro:


Categoría Benxamín: Selección A Mariña 2-3 Selección Lugo


Categoría Alevín: Selección A Mariña 1-4 Selección Lugo


Categoría Infantil: Selección A Mariña 1-4 Selección Lugo


Categoría Cadete: Selección A Mariña 2-2 Selección Lugo (*A Mariña gañou a penaltis)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores