Noticias
14 de xaneiro de 2013
Xornada rodada entre o futuro laranxa

O futuro da estrutura laranxa viviu unha xornada rodada en todas as competicións en xogo desta fin de semana, con tres vitorias e dous empates.


Na Liga Nacional Xuvenil, os tres puntos de derbi viñeron para Burela. Os de Lucas gañaron aos viveirenses por 2-6, con goles de Aitor, Francisco (2), Rubén e Fabio (2). Tamén trouxeron a vitoria os cadetes, de Autonómica, cun contundente 3-10 sobre O Carballiño FS. O terceiro triunfa da fin de semana foi para os máis pequenos, na Liga Prebenxamín da Mariña, cun rifadísimo 6-5 para os laranxas ante o Praia de Covas.


Xuvenís e infantís asinaron táboas nas citas de Autonómica, lonxe da casa, con 4-4 sobre o CP Casás para os primeiros e 2-2 na pista do ADFS Bueu para os segundos.


Liga Nacional Xuvenil


CFS Cidade de Viveiro 2-6 Burela FS


Liga Autonómica Xuvenil


CP Casás 4-4 Burela FS


Liga Autonómica Cadete


O Carballiño FS 3-10 Burela FS


Liga Autonómica Infantil


ADFS Bueu 2-2 ED EON Burela FS


Liga Prebenxamín da Mariña


ED EON Burela FS 6-5 Praia de Covas

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores