Noticias
14 de xaneiro de 2013
Lidia e Lara disputarán a final nacional con Galicia Sub-23

As xogadoras do CD Burela FS Pescados Rubén  Lidia Mesías e Lara Balseiro estarán na final do Campionato de España de Seleccións Territoriais con Galicia Sub-23. O combinado irmandiño conseguiu o billete tras rematar primeiro de grupo en Murcia, con vitoria ante Castela e León (0-2) e o anfitrión (3-4).


A finalización laranxa deixou pegada na primeira fase do nacional, con dobre aparición da titular Lidia Mesías, que inaugurou a cuadrícula goleadora de Galicia, no primeiro enfrontamento. Lara tamén tivo unha dinámica presenza nas rotacións de Manuel Castillo. No periplo galego tamén houbo otra cara coñecida da estrutura burelista, o director xeral, José Luis Sáez Castro, como xefe de expedición da selección pola súa condición de directivo da Federación Galega de Fútbol  


Galicia loitará polo trofeo de campión na gran cita, prevista para o mes de marzo, con sede aínda por determinar. Castela A Mancha, Comunidade Valenciana e Madrid serán os rivais a bater.

Documentos relacionados:
53 KB
Resultados fase de grupos
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores