Noticias
17 de xaneiro de 2013
Intensa xeira dominical da base burelá
ED EON Burela FS Alevín A (2012-13)

As competicións dos máis novos da familia laranxa centrarán a súa frenética actividade o domingo, en Vista Alegre, con Nacional Xuvenil e Autonómica.


Os máis veteranos serán os encargado de abrir a intensa xeira, ás 11.00 horas, coa visita do Esteo FS. En Autonómica, o futuro burelista medirase ao ED Vigo 2015 en tripla cita de Autonómica, os cadetes ás 13.00 horas, os infantís ás 16.00 e os xuvenís ás 17.30.


Non obstante, o sábado tamén haberá un pequeno oco na axenda burelista aínda que sen ter como testemuña a bomboneira. Na Liga Prebenxamín da Mariña, as promesas laranxas visitarán o CFS Cidade de Viveiro (pavillón municipal, 11.00 horas) e os alevíns, en Deporte Escolar, mediranse ao Valadouro FS (colexio do Valadouro, 12.00 horas).


Liga Nacional Xuvenil


Burela FS-O Esteo FS
Domingo 20 de xaneiro, ás 11.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Liga Autonómica Xuvenil


Burela FS-ED Vigo 2015
Domingo 20 de xaneiro, ás 17.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Liga Autonómica Cadete


Burela FS-EDVigo 2015
Domingo 20 de xaneiro, ás 13.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Liga Autonómica Infantil


Burela FS-ED Vigo 2015
Domingo 20 de xaneiro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Deporte Escolar


O Valadouro FS Alevín-ED EON Burela FS Alevín A
Sábado 19 de xaneiro, ás 12.00 horas, no colexio do Valadouro


Liga Prebenxamín da Mariña


CFS Cidade de Viveiro-ED EON Burela FS
Sábado 19 de xaneiro, ás 11.00 horas, no pavillón municipal de Viveiro

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores