Noticias
17 de xaneiro de 2013
Os rapaces de Lucas reciben o Eypar Melide como pechacancelas

O Burela FS Pescados Rubén B recibirá o sábado o Eypar Melide como pechacancelas de Terceira División (Vista Alegre, 16.30 horas). Os rapaces de Lucas buscarán un novo triunfo para engancharse á zona alta ante un rival que ata o momento só leva 4 puntos; no choque da primeira volta o luminoso deu luz verde aos mariñáns nunha cita de goles (5-9).


“É un encontro propicio para o dominio do Burela FS. Se mantemos o noso nivel habitual e non nos confiamos en exceso, non deberiamos ter problemas para sacar o partido adiante” explicou o técnico burelista, que tamén destacou o beneficio destes tres posibles puntos, “nunha xornada que cun resultado favorable poderiamos escalar algunha praza, debido aos enfrontamentos directos no medio da táboa”.


No vestiario laranxa non estará Fabio, reclamado por Julio Delgado para a expedición de Primeira que esta mesma noite porá rumbo a Puertollano. Entre as dúbidas para o sábado, figuran Carlitos e Aarón, que atravesan senllos procesos gripais, e Antón, que se recupera dunha microrrotura fibrilar.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores