Noticias
21 de xaneiro de 2013
André causa baixa na entidade mariñá

O italo-brasileiro André non seguirá sendo xogador da entidade mariñá. O Burela FS Pescados Rubén chegou a un acordo esta mesma mañá co ala-peche, declarado transferible a semana pasada polo club, para rescindir o contrato que o vinculaba ás filas laranxas ata finais da tempada.


André Luiz Nogueira Fernandes (Rio de Janeiro, 1987) incorporouse ao Burela FS en 2009-10 procedente do ASD Regalbuto, da Serie A2 italiana, con formación no Vasco de Gama. O ala-peche disputou tres play offs á Primeira División defendendo as cores laranxas.


O Burela FS agradécelle ao xogador os servizos prestados durante as últimas catro tempadas xunto á familia da Mariña e deséxalle sorte na continuidade da súa traxectoria profesional.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores