Noticias
21 de xaneiro de 2013
Contundente vitoria sobre o Eypar (6-1)

O Burela FS Pescados Rubén B rubricou unha contundente vitoria, impoñéndose ao Eypar Melide por 6-1, na 17ª xornada de Terceira.


O técnico laranxa, Iván Cao ‘Lucas’, amosouse moi crítico cos seus a pesar da contundente vitoria: “Non sufrimos e gañamos o partido pola superioridade técnica e a boa finalización nos metros finais, aínda que nin a intensidade nin a actitude foron as mellores para disputar un bo partido”, asegurou o mariñán. Pola contra, Lucas loou a resposta do rival. “O Melide esperounos ben colocado e con moi boa actitude, pero as súas carencias individuais fixeron que non puidese loitar por un mellor resultado para as súas arcas”.


Estivo moi acertado Manu nos minutos iniciais adiantando os laranxas con 2-0, xa no minuto 6. Os burelistas vían con claridade a meta visitante e diso deixaron constancia Souka, no 14, e Arón, no 15, ampliando distancias. Cunha clara fenda no luminoso, os de Melide seguiron na busca da remontada; Peke reduciu distancias, no minuto 18. Con 4-1, ambos os equipos marcharon aos vestiarios no ecuador.


Ao regreso, repetiu Souka para ampliar ao 5-1. As tentativas non fraguaron ata o 38, cunha nova aparición de Manu para materializar o 6-1 definitivo.


Ficha técnica


Eypar Melide FS: Guti, Dani, Manu, Sergi e Peke, no cinco inicial;  tamén  xogaron Xurxo, Javi, Manito, Perez, Óscar e Tapi.                                                                                                                
Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Souka, Manu e Keko, no cinco inicial; tamén xogaron Carlos, Xoia,  Hélder, Antón, Arón  e Pichi
Goles:  1-0, minuto 4, Manu; 2-0, minuto 6, Manu; 3-0, minuto 14, Souka; 4-0, minuto 15, Arón; 4-1, minuto 18, Peke; 5-1, minuto 24, Souka; 6-1, minuto 38, Manu
Ábitros:  Franco Veiga e Darriba Villamor

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores