Noticias
21 de xaneiro de 2013
Festa de goles

As categorías de base do Burela FS Pescados Rubén pecharon a fin de semana con festa de goles, nunha xornada na que as porterías tiveron moito traballo.


En Nacional Xuvenil, os rapaces de Lucas venceron 9-1 ao Esteo FS. Tamén houbo baile goleador en Deporte Escolar, co resultado de 2-9 para os laranxas sobre O Valadouro, e na Liga Prebenxamín da Mariña, con 1-13 fronte o Cidade de Viveiro.


No gran duelo ante a estrutura de Vigo 2015, en Autonómica, o luminoso estivo algo máis axustado. Os cadetes tamén se impuxeron, por 6-2. Non tiveron tanta sorte xuvenís e infantís, que caeron por 1-4 e 2-3, respectivamente.


 


Liga Nacional Xuvenil


Burela FS 9-1 O Esteo FS


Liga Autonómica Xuvenil


Burela FS 1-4 ED Vigo 2015


Liga Autonómica Cadete


Burela FS 6-2 EDVigo 2015


Liga Autonómica Infantil


Burela FS 2-3 ED Vigo 2015


Deporte Escolar


O Valadouro FS Alevín 2-9 ED EON Burela FS Alevín A


Liga Prebenxamín da Mariña


CFS Cidade de Viveiro 1-13 ED EON Burela FS

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores