Noticias
24 de xaneiro de 2013
Dani Martín deixa o CD Burela FS

Dani Martín deixa o CD Burela FS Pescados Rubén. O ala-pivote, declarado transferible a comezos da semana pasada, asinou a rescisión do seu contrato a primeira hora da mañá, tras o acordo entre o club laranxa e o Fuconsa Jaén FS, de Segunda División, dirixido polo ex-burelista Dani Rodríguez; a entidade xienense recibirá o xogador nos próximos días.


O salmantino, de 24 anos, recalou na costa de Lugo en 2009-10, dende o Tecuni Bilbo. Tras o salto á máxima categoría co Carnicer Torrejón, en 2011-12 regresou ás filas mariñás durante a primeira rolda da liga e finalizou o exercicio defendendo o Azkar Lugo, en Primeira.


A entidade burelista quixo despedirse do carismático goleador agradecendo o seu traballo ao servizo do Burela FS e desexándolle éxito no futuro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores