Noticias
24 de xaneiro de 2013
A locomotora laranxa, a pleno rendemento
Cadete A

A locomotora laranxa emprende unha semana máis a viaxe ligueira a pleno rendemento, con participación en todas as competicións.


A ilusión futbolística da ED EON Burela FS porá rumbo a Lugo o venres, coa visita en Autonómica Infantil ao ADC Lumieira (O Pombal, 19.30 horas).


O sábado madrugarán alevíns e infantís en Deporte Escolar coa visita ao Santiago de Foz (O Cantel, 9.45),  Ribadeo FS (Ribadeo, 10.00) Cidade de Viveiro (pavillón dos Institutos, 10.40). Como locais, benxamíns e alevíns mediranse ao ACD Xove en Vista Alegre (11.15 e 12.15).


O domingo coincidirán Nacional Xuvenil e Prebenxamín da Mariña ás 12.00 nos seus respectivos compromisos; os primeiros recibirán en Vista Alegre o ADFS Bueu e os segundos o Santiago de Foz no Monte Castelo. Pechará a xeira, o Xuvenil Autonómico ás 20.00 horas, na pista do Sarria Peña Españolista.


Seleccións locais. A artillería burelista completará a fin de semana de competicións coa participación na fase final do Campionato Autonómico de Seleccións Locais, que se disputará o domingo en Santiago de Compostela. Un total de 10 xogadores laranxas defenderán o combinado cadete da Mariña na loita polo título galego: Cristian García, Aarón Fernández, Borja Blanco, Renato Lopes, Adrián Riveiro, Adrián Sanjurjo, Mamadou Diouf, Álex García, Jorge Pernas e Javier Fraga. Os da costa luguesa disputarán as semifinais fronte a Vigo, ás 11.00 horas, no pavillón das Fontiñas; ás 10.00 abrirán a fase A Coruña e a selección anfritrioa. Os gañadores veranse as caras na gran cita, ás 17.00 horas. [vid. PDF adxunto]


Liga Nacional Xuvenil


Burela FS-ADFS Bueu
Domingo 27 de xaneiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Liga Autonómica Xuvenil


Sarria Peña Españolista-Burela FS
Domingo 27 de xaneiro, ás 20.00 horas, no pavillón O Chanto de Sarria


Liga Autonómica Infantil


ADC Lumieira-ED EON Burela FS
Venres 25 de xaneiro, ás 19.30 horas, no pavillón do Pombal de Lugo


Deporte Escolar


Ribadeo FS Infantil-ED EON Burela FS Infantil A
Sábado 26 de xaneiro, ás 10.00 horas, no pavillón de Ribadeo


CFS Cidade de Viveiro FS Infantil-ED EON Burela FS Infantil B
Sábado 26 de xaneiro, ás 10.40 horas, no pavillón dos Institutos de Viveiro


ED EON Burela FS Alevín A-ACD Xove Alevín
Sábado 26 de xaneiro, ás 12.15 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Santiago de Foz Alevín-ED EON Burela FS Alevín B
Sábado 26 de xaneiro, ás 9.45 horas, no pavillón do Cantel de Foz


ED EON Burela FS Benxamín-ACD Xove Benxamín
Sábado 26 de xaneiro, ás 11.15 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Liga Prebenxamín da Mariña


ED EON Burela FS-Santiago de Foz
Domingo 27 de xaneiro, ás 12.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela

Documentos relacionados:
89 KB
Horarios do Campionato Autonómico de Seleccións Locais (fase final)
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores