Noticias
25 de xaneiro de 2013
O Burela FS B desafía o parapeto do 5 Coruña FS




O Burela FS Pescados Rubén B desafiará mañá a férrea pista do 5 Coruña FS na tentativa de seguir escalando posicións na táboa de Terceira. O parapeto do Novo Mesoiro acollerá a 18ª xornada a partir das 17.00 horas.

Tan só un puntiño separa a cuarta praza herculina (31 puntos), ás portas do podio, das aspiracións laranxas. Os pupilos de Lucas terán por diante o reto de bater a un rival “con xogadores experimentados en categorías superiores, cuxos resultados están avalando a súa traxectoria”, segundo explica o técnico mariñán. A gran baza do 5Coruña FS é a solvencia da súa pista; de todos os seus encontros como locais tan so O Esteo, líder, e A Pontenova, noveno, puideron arrebatarlle puntos, na segunda (1-2) a e décima (4-4) xornadas respectivamente. 

“Estivemos adestrando ben toda a semana” asegura Lucas, visiblemente aliviado por recuperar algún que outro xogador. “Poderemos dispoñer de máis rotacións; Antón e Aarón xa adestraron con nós estes días e a única ausencia será Bruno” explicou o adestrador. “Imos con moita ilusión para facer as cousas ben; dar a sorpresa na Coruña poderíanos liberar de nerviosismo para medirnos a outros dos favoritos da categoría” puntualizaba o laranxa.

Na primeira volta os tres puntos caeron do lado herculino por 1-6.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores