Noticias
26 de xaneiro de 2013
Empate agridoce nas Baleares
O Burela Pescados Rubén logra un merecido empate (3-3) na cancha do Fisiomedia Manacor e ata fixo méritos para lograr a primeira vitoria en Primeira División.
O conxunto dirixido por Julio Delgado logrou remontar un 3-1 logrado polos isleños durante o primeiro periodo. Nesta fase do encontro os mallorquines mostráronse máis incisivos que o conxunto mariñano. Vadillo abriu o marcador nos primeiros compases e Joao Batista aumentou a renda no minuto dez. O 2-0 exaltou os ánimos laranxas e Nacho Pedraza recortou a distancia cun gol de preciosa factura. O tanto burelés deu paso a unha fase de maior equilibrio na contenda pero ao filo do descanso, Jesús Illán estableceu o 3-1 co que ambos conxuntos se retiraron ao vestiario. Na continuación, o Burela Pescados Rubén sorprendeu ao Fisiomedia con xogo de cinco desde o inicio, aínda que minutos despois retomou a súa estratexia inicial. Os bureleses comezaron a dominar ao seu adversario e a xerar perigo, Cesinha enviou un balón ao larguero e Iago Míguez materializou o 3-2, minuto 26. O Fisiomedia buscaba a sentenza ao contragolpe ante o dominio visitante. Na recta final, o capitán laranxa, Juanma, fixo xustiza e asinou o empate (3-3) a catro minutos do final. A igualada precedeu uns minutos de emoción e intensidade máxima, aínda que o intercambio de ocasións resultou inocuo e ambos equipos deberon conformarse co empate final.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores