Noticias
26 de xaneiro de 2013
Solvencia e liderado
Triunfo inapelable e liderato da Primeira División para o Burela Pescados Rubén tras vencer (4-1) ao Lacturale Orvina e a sorprendente derrota do Atlético de Madrid na casa do Viaxes Amarelle.
A escuadra dirixida por Javier Pardeiro desarbolou dende o asubío inicial ao conxunto navarro cuns primorosos dez minutos de xogo. Lucía Nespereira iniciou o vendaval cun misil directo á escuadra, minuto dous, tras un saque de banda. Pouco despois foi Lidia a encargada de aumentar a renda culminando unha contra guiada por Maite, minuto catro. As pamplonicas non lograban taponar as vías de auga que xeraba o xogo laranxa ao que únicamente lle faltou contundencia nos seus golpes. Andrea tivo nas súas botas recurtar distancias pero perdoou ante Jozi, minuto doce. A resposta local chegou por mediación de Dany que errou na definición ante Rebeca. Ao descanso chegouse cun curto 2-0 vistos os argumentos de ambos conxuntos. Na segunda parte, as visitantes mostraron as súas credenciales pero foi o Burela o primeiro en golpear. O 3-0 chegou no minuto 25, tras un pase de Dolo que Maite Garde desviou para introducir o balón no seu portería. Pouco despois, a fortuna local neste tanto se viu contrarrestada co desafortunado tanto encaixado por Jozi nunha acción sen perigo aparente. Malia iso, as burelesas mantiveron a intensidade e concentración para retomar o control do partido. Peque sentenciou o partido, minuto 32, asinando un precioso gol tras unha excelente xogada combinativa. As visitantes tiraron do xogo de cinco que o Burela minimizou sen excesivos problemas. Jozi estivo a piques de marcar o quinto e na recta final Sara Iturriaga foi expulsada e o Burela selou con calma un gran partido e unha vitoria que o aúpa ao liderato.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores