Noticias
2 de febreiro de 2013
O Burela FS desfai a maldición en Gironella e marca distancias no liderado (0-1)

O Burela FS Pescados Rubén desfixo a maldición, asinando esta tarde a súa primeira vitoria en Gironella, unha pista que se lle resistía. O 0-1 proporciónalle tres valiosísimos puntos cos que marca distancias no liderado, con 38 puntos, fronte ao 37 do Navalcarnero, que empatou no derbi madrileño ante o Móstoles (2-2).


O municipal catalán viviu un partido moi competido, con control e mellores ocasións para as laranxas. Peque anotou o único gol do encontro, no minuto 13, tras controlar un balón solto e superar a Esther nun disparo pegado ao pau dereito. Con esta vantaxe, as pupilas de Javier Pardeiro puideron aumentar a intensidade e xerar máis perigo, aínda que sen éxito na finalización.


Tras o descanso, o Gironella arriscou máis intentando aprisionar os movementos das burelistas, que seguiron apostando por conservar a posesión do esférico. Nos últimos compases, as locais saíron con porteira xogadora para inverter o luminoso, aínda que non optiveron resultados favorables. No último minuto, despois de varias oportunidades do cadro laranxa da ampliar a vantaxe, a punto estivo de chegar un empate, totalmente inxusto, nun dobre penalti.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores