Noticias
5 de febreiro de 2013
Paula Cortiñas, de branco e azul

A prometedora Paula Cortiñas (Cervo, 1996) cambiará esta semana a camiseta laranxa pola branca e azul. A pivote burelista representará a Galicia no Campionato de Seleccións Autonómicas Sub-17, que acollerá a localidade gaditana de Chiclana de la Frontera (6-10 de febreiro).


A expedición irmandiña, que realizou o último adestramento o domingo pasado, puxo rumbo a terras andaluzas esta mañá dende A Coruña. Xunto a Paula pelexarán polo título María Romero, María Arias e Antía Piñeiro, do Cidade das Burgas; María Gómez, do Viaxes Amarelle; Olga Grande, do Ponte Ourense; Diana Vanesa Díaz, do Valdetires Ferrol; Nerea Ramallo, Belén Feal e Laura Doce, da Fervenza; Raquel Rodríguez, do Leis Pontevedra; e Nerea Moldes, do Poio FS.


O combinado de Manuel Castillo estará integrado no Grupo C, xunto Cantabria e Cataluña. No A, xogarán A Rioxa, Navarra e Madrid e no B competirán Murcia, Aragón e a anfitrioa, Andalucía.


O polideportivo Costa Sancti Petri acollerá o evento; a primeira fase disputarase entre mañá e o venres; ás semifinais do sábado accederán os campións de grupo e o mellor segundo e a final  será o domingo.


 


Mércores 6 de febreiro


18.00 horas: Cantabria-Galicia


Xoves 7 de febreiro


18.00 horas: Perdedor Cantabria/Galicia-Cataluña


Venres 8 de febreiro


12.30 horas: Cataluña-Gañador Cantabria/Galicia


Sábado 9 de febreiro


10.30 horas: 2º mellor clasificado-1º Grupo B
12.30 horas: 1º Grupo A-1º Grupo C


Domingo 10 de febreiro


11.00 horas: FINAL

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores