Noticias
5 de febreiro de 2013
Visita de Iago Barro ao Viveiro FSF

O burelista Iago Barro exerceu de mestre na cidade do Landro o venres pasado. O gardameta da Primeira División dirixiu, no seu concello natal, un adestramento específico coas porteiras do Viveiro FSF: Diandra e Brenda, da categoría sénior; Jaiza, cadete; e Iria Leila, infantís. Iago tamén coincidiu co resto das integrantes dos equipos sénior e cadete, coas que compartiu algunha que outra anécdota deportiva.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores