Noticias
7 de febreiro de 2013
Duelo de proximidades en Terceira (venres, 21.15 horas)

O Burela FS Pescados Rubén B recibirá mañá, en Vista Alegre, o Ribeira de Piquín nun duelo de proximidades na Terceira División (21.15 horas). O cadro laranxa defenderá a sexta praza, na 20ª xornada, con tan só 1 punto de vantaxe (33) sobre o visitante.


“É unha cita moi importante para medir as nosas aspiracións na táboa, para concretar se podemos seguir pelexando polos postos altos” advertiu Iván Cao, Lucas, que tamén falou da “vistosidade e rivalidade do encontro pola nosa proximidade na clasificación”.


Na primeira volta, os tres puntos foron para os de Ribeira de Piquín nun compromiso con protagonismo goleador (8-5). “É un cadro con individualidades de percorrido en categorías superiores, pero se corriximos os excesivos erros defensivos que cometemos no primeiro enfrontamento, non deberiamos ter impedimentos para sacar adiante o partido e máis xogando na casa” apuntou Lucas.


Para a cita, volverán ser baixas Manu e Aarón, por escordaduras de nocello.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores