Noticias
8 de febreiro de 2013
Anaitasuna. Desafío laranxa con Marca TV de testemuña
O Burela Pescados Rubén busca a confirmación da revolución laranxa ante as cámaras de Marca TV, sábado día 9 ás 13.00 horas, e na complicada pista do Triman Navarra. A escuadra dirixida por Julio Delgado preséntase en Anaitasuna no seu mellor momento da tempada. Dous empates consecutivos e a primeira vitoria na Primeira División permitiron aos de A Mariña abandonar o farolillo vermello e recuperar a confianza. Cada xornada é un reto para os mariñans e nesta ocasión non vai ser menos. Os navarros chegan a este encontro, correspondente á décimo sexta xornada, tras caer derrotados en Zaragoza aínda que situados na quinta posición, 30 puntos, da clasificación. O conxunto dirixido por Imanol Arregui ofrece a súa mellor versión en Anaitasuna onde o todopoderoso FC Barcelona probou o amargo sabor da derrota para deleite da animosa afección navarra.

O Burela Pescados Rubén quere prolongar a súa dinámica positiva e estrear a súa cuadrícula de vitorias a domicilio. Os elixidos para o duelo son: Edu, Iago Barro, Enrique, Hugo, Nacho, Matamoros, Mimi, Isi, Silva, Iago Míguez, Juanma e Cesinha.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores