Noticias
8 de febreiro de 2013
Derbi galego en Vista Alegre

Emocionante derbi galego en Vista Alegre o sábado día 9, ás 18.30 horas, entre o Burela Pescados Rubén e o Ponte Ourense. O conxunto burelés defende o liderado da Primeira División ante as ourensanas que están a recuperar o seu nivel nas últimas xornadas. O Burela afronta o derbi con confianza aínda que consciente que en fronte terá un rival complicado e con ánimos de revancha polo serio varapalo sufrido na primeira volta. As pupilas de Pardeiro venceron con rotundidad na pista ourensá (0-6) mostrando unha superioridade indiscutible. Aínda que un derbi é un derbi e calquera resultado é factible.


Entroido laranxa. Entrada gratuita para os afeccionados que acudan a Vista Alegre disfrazados.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores