Noticias
9 de febreiro de 2013
O Triman curta a serie ascendente do Burela Pescados Rubén
Derrota do Burela Pescados Rubén na cancha do Triman Navarra (5-3) que corta a racha positiva do conxunto mariñano. O reto de Anaitasuna agardábase complicado e así se puido observar coas cámaras de Marca TV de testemuña.
O encontro comezou con intensidade e cun duelo de artilleros. Rafa Usín adiantou aos navarros no minuto inicial pero Matamoros sacou a relucir o seu rifle para igualar a contenda, minutos dous de partido. O control do xogo non tiña dono e no ecuador do primeiro periodo emerxeu de novo a eficacia laranxa. Tras driblar ao seu par, Matamoros desenfundou a súa zurda para enviar o esférico á escuadra. O Burela Pescados Rubén invertía o marcador tralo golpe inicial dos navarros que responderon con premura. Ximbinha logrou o empate nun lanzamento directo de falta. Co 2-2 chegouse ao descanso. No segundo acto, os de Imanol Arregui aumentaron a intensidade e presionaron con maior dilixencia ao conxunto de A Mariña que non atopaba o pulso do partido, aínda que Edu mantiña viva a esperanza laranxa ata a aparición de Araça. O brasileiro plasmou no marcador o dominio do seu equipo, minuto 23, refrendado por Roberto Martil (4-2) que culminou unha excelente xogada de Jesulito para levar a tranquilidade a Anaitasuna. Os locais controlaban o ritmo aínda que o Burela non se rendeu e Enrique levou o nerviosismo á grada tras marcar un golazo de falta directa, minuto 36. Julio Delgado apostou polo xogo de cinco pero a sentenza chegou por mediación de Carlitos, ao transformar un doblepenalti que supuxo o definitivo 5-3.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores