Noticias
14 de febreiro de 2013
Cristian lánzase con Galicia ao Campionato de España Sub-16 (Madrid, 15-17 febreiro)

O cadete laranxa Cristian García representará a Galicia no Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-16, cuxa fase previa se desenvolverá en Madrid entre mañá e o domingo.


O combinado irmandiño pelexará polo billete para a final no Grupo A coas Baleares, Castela A Mancha e o grupo anfitrión, no polideportivo municipal Miguel Guillén Prim. O B estará composto por Melilla, País Vasco e Andalucía (sede); no C incorpóranse Aragón, Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia (sede) e no D loitarán Canarias, Ceuta e Cataluña (sede).


As semifinais estarán protagonizadas polos campións de grupo: Grupo B-Grupo C e Grupo D-Grupo A, con datas e horarios aínda sen determinar.


Sábado 16 de febreiro


10.00 horas: Castela A Mancha-Baleares
12.30 horas: Galicia-Madrid


Domingo 17 de febreiro


10.00 horas: Baleares-Galicia
12.30 horas: Madrid-Castela A Mancha

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores