Noticias
19 de febreiro de 2013
Venda anticipada para FC Barcelona (sábado 2, 19.30 horas)
Fotografía: FC Barcelona

A entidade laranxa xa abriu a venda anticipada para o próximo Día do Club, o sábado 2 de marzo, na visita á bomboneira do FC Barcelona Alusport, atrasando o horario habitual ata as 19.30 horas. A afección poderá adquirir as entradas na sede burelista (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) de luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas.


Os socios adultos e os xuvenís (14-18 anos) que non están asociados ao club pagarán 3 euros, mentres que o resto do público deberá abonar 12 euros; os menores de 14 anos poderán acceder de forma gratuíta.


 


PREZOS DAS ENTRADAS


 


Socios adultos: 3 euros
 
Socios xuvenís (14-18 anos): Gratuíto
 
NON socios adultos: 12 euros
 
NON socios xuvenís (14-18): 3 euros
 
Menores de 14: Gratuíto
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores