Noticias
21 de febreiro de 2013
Xuvenís e cadetes comparten Vista Alegre

A Liga Nacional Xuvenil e Deporte Escolar Cadete compartirán o protagonismo de Vista Alegre esta fin semana xunto a Terceira División.


Estreará a pista o Cadete A recibindo o sábado ao Cidade de Viveiro (10.00 horas), seguido do Cadete B-Lourenzá Mondoñedo (10.50). O domingo chegará a quenda para os xuvenís, que defenderán a terceira praza ante o pechacancelas, La Junquera (12.00).


Esparexidos pola Mariña estarán a ED EON Burela FS Alevín, que visitará a EDM Alfoz, o sábado (11.45), e os benxamíns, que se desprazarán ata o municipal de Viveiro para xogar co AD Praia de Covas o domingo (19.00).



Liga Nacional Xuvenil


Burela FS-La Junquera FS
Domingo 24 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre


 


Deporte Escolar


Burela FS Cadete A-Cidade de Viveiro Cadete
Sábado 23 de febreiro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre


Burela FS Cadete B-Lourenzá Mondoñedo Cadete
Sábado 23 de febreiro, ás 10.50 horas, no pavillón Vista Alegre


EDM Alfoz Alevín-ED EON Burela FS Alevín
Sábado 23 de febreiro, ás 11.45 horas, no pavillón de Alfoz


AD Praia de Covas Benxamín-ED EON Burela FS Benxamín
Domingo 24 de febreiro, ás 19.00 horas, no municipal de Viveiro


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores