Noticias
25 de febreiro de 2013
O Burela FS B segue en alza

O Burela FS Pescados Rubén B segue en alza. Coa nova vitoria ante o ADFS Bueu (4-2) da fin de semana, a escuadra mariñá segue á espreita da segunda praza de Terceira, custodiada polo Pazos de Borbén, que tampouco defraudou, impoñéndose 1-7 ao Carballiño FS.


Os pupilos de Lucas asumiron o control dende o inicio, aínda que con algún desaxuste na circulación de balón, ante un rival forte. O dominio laranxa materializouse a partir do minuto 5, tras o gol de Bruno de Nois, en xogada individual. Catro minutos despois, Antón asinou o 2-0 e a dous para o descanso a finalización laranxa reapareceu nas zapatillas de Fabio, dende os dez metros (3-0).


No reinicio, o Bueu volveu saír con forza, creando máis perigo. Recortou distancias no 22 Adrián (3-1), pero de novo falou o Burela FS; quixo o balón para asediar a portería visitante, que se resistiu á pegada de Fabio ata o minuto 28 (4-1). O monólogo laranxa tan só se viu lixeiramente perturbado por un saque de esquina, que finalizou outra vez Adrián (4-2, 34). Con porteiro-xogador nos últimos cinco minutos, os mariñáns conseguiron manter sen cambios o electrónico.


Ficha técnica


Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Carlos  e Keko, no cinco inicial; tamén xogaron Antón, Souka e Hélder.


Bueu  FS: Hugo, Lea, Pocho, Toño e Rafael, no cinco inicial; tamén xogaron Javi, Adrián e Daniel.                                                                                                                   
Goles: 1-0, minuto 5, Bruno de Nois; 2-0, minuto 9, Antón; 3-0, minuto 18, Fabio; 3-1, minuto 22, Adrián; 4-1, minuto 28, Fabio; 4-2, minuto 34, Adrián.


Árbitros: Borja Darriba e David Castro

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores