Noticias
28 de febreiro de 2013
Convidado de luxo para a base de Vista Alegre

A competición de Deporte Escolar burelista pechará a mañá do sábado con seis citas e un convidado de luxo, a visita a Vista Alegre do ex–xogador do RC Deportivo de La Coruña, Fran González, a partir das 12.45 horas.


Ás 10.00 horas tocará a bucina para o Cadete A, ante ACD Xove (Vista Alegre) e o Benxamín, fronte á EDM Cervo (Monte Castelo). Continuarán o ED EON Burela FS Infantil A (10.50) e o Cadete B (11.40), coa EDM Riotorto, na bomboneira. Ás 13.00 o Alevín A recibirá a EDM Valadouro no Monte Castelo.


Lonxe do templo laranxa, o sábado xogarán simultaneamente (10.00 horas) os infantís, en Xove, e os alevíns, na Pontenova, para Deporte Escolar. O domingo viaxarán a Liga Nacional Xuvenil na pista do IES Coruxo (12.15 horas) e a Autonómica Cadete fronte ao CD Beade (16.30).


O luns volverá saltar á pista do Alevín B, na visita do ED Lourenzá (18.30), no encontro correspondente á sétima xornada.



Liga Nacional Xuvenil


IES Coruxo-Burela FS
Domingo 3 de marzo, ás 12.15 horas, no pavillón das Travesas de Vigo


Liga Autonómica Cadete


CD Beade-Burela FS
Domingo 3 de marzo, ás 16.30 horas, no pavillón Valadares de Vigo


Deporte Escolar


Burela FS Cadete A-ACD Xove Cadete
Sábado 2 de marzo, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Burela FS Cadete B-EDM Riotorto
Sábado 2 de marzo, ás 11.40 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


ED EON Burela FS Infantil A-EDM Riotorto Infantil
Sábado 2 de marzo, ás 10.50 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


ACD Xove Infantil-ED EON Burela FS Infantil B
Sábado 2 de marzo, ás 10.00 horas, no pavillón de Xove


ED EON Burela FS Alevín A-EDM Valadouro
Sábado 2 de marzo, ás 13.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela


EDM A Pontenova Alevín-ED EON Burela FS Alevín B
Sábado 2 de marzo, ás 10.00 horas, no pavillón da Pontenova


ED EON Burela Alevín B-ED Lourenzá Alevín (xornada 7)
Luns 4 de marazo, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


ED EON Burela FS Benxamín-EDM Cervo Benxamín
Sábado 2 de marzo, ás 10.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores