Noticias
4 de marzo de 2013
O brasileiro Silva abandona a disciplina laranxa

Rafael Silva de Jesús, coñecido como Silva, non continuará na disciplina laranxa. O ala brasileiro vese obrigado a abandonar o CD Burela FS Pescados Rubén por motivos persoais para regresar ao seu país.


O canarinho (Rio de Janeiro, 1986) chegou á escuadra mariñá en decembro de 2012, como reforzo de inverno, procedende do Iberia Star de Xeorxia. Cun amplo repertorio no seu país -Vasco (2005), Macaé (2006-07), Flamengo (2008), USS Vassouras (2009), Petrópolis (2010) e Wipro-SP (2011)-, a tempada goleadora co São José (2011-12), máis de 20 dianas, habilitoulle a Silva o pasaporte  para incorporarse no sólido Iberia Star, co que se clasificou para a Final Four da Copa da UEFA.


O CD Burela FS Pescados Rubén deséxalle fortuna ao xogador na continuidade da súa carreira deportiva.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores