Noticias
9 de marzo de 2013
Podemos
Histórico empate do Burela Pescados Rubén (2-2) na cancha do mítico Inter Movistar, que tivo que conformarse co reparto de puntos ante un equipo que recupera a ilusión.
O duelo no Caja Madrid sorprendeu aos afeccionados locais que comprobaron como o Burela presentou a súa candidatura á vitoria desde o principio. Os laranxas amosaron unha seguridade e intensidade defensiva que lles permitía catapultarse con perigo ao contragolpe, obrigando aos interistas a repliegues rápidos para non verse sorprendidos.

A piques de chegar ao ecuador do primeiro periodo e tras varios intercambios de golpes apareceu, unha vez máis, o fusil de Matamoros para adiantar ao Burela Pescados Rubén no Caja Madrid. Coa renda de 0-1 chegouse ao descanso e na continuación os parámetros do partido seguían sendo os mesmos. Foi a quenda dos guardametas, tanto Luís Amado como Edu evitaron o movemento no marcador nun partido dinámico e vibrante.

No tramo final, o Inter buscou a remontada con xogo de cinco e na primeira ocasión acertou de pleno para empatar o choque, obra de Rafael, minuto 35. Con valentía e descaro, o Burela tamén quixo facer dano e Juanlu respondeu con idéntico argumento. Unha perda laranxa propiciou a contra local e Pola establecía o 2-1, minuto 36, para acougar a tensión local. Mantivo a súa aposta o Burela e obtivo o seu recompensa cun golazo de Juanma que fixo xustiza ao visto na pista e reforza a moral dos mariñanos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores