Noticias
11 de marzo de 2013
Talón de Aquiles para os laranxas



Os laranxas recolleron un traballadísimo punto en Terceira División, na visita dun pechacancelas que se converteu no talón de Aquiles burelista, ante o que na primeira volta tamén se tiveron que conformar co empate. Vista Alegre tivo que armarse de paciencia de cara ao gol, nun encontro que se decidiu no último minuto.

O Burela FS Pescados Rubén marcou o compás do partido, aínda que o xogo en exceso horizontal limitou o perigo en ataque, fronte a unha defensa moi ordenada, que aproveitou o contragolpe, provocando certa incerteza sobre a meta de Brais. A falta de 20 segundos para o asubío final, Manu foi capaz de tomar a dianteira laranxa, 1-0, ao materializar un dobre penalti. O visitante apostou por porteiro-xogador e obtivo o que perseguía; faltando 10 segundos marcou a igualada para repartir os puntos.

Ficha técnica

Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Antón e Keko Tamén xogaron  Carlos, Souka, Xoia,  Hélder e Manu Jiménez

CAFyD:  Álex, Rebo, Marcos, Víctor e Rubén; tamén xogaron Kinso, Asier, Fabián e Chenlli                                                                                                                      
Goles: 1-0, minuto 39, Manu (d.p.); 1-1, minuto 39, Fabián

Árbitros:  Naray Álvarez, Rivas Fouz

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores