Noticias
12 de marzo de 2013
Venda anticipada para ElPozo Murcia, na nova sede do Burela FS
Foto: www.elpozomurcia.com



A entidade laranxa abrirá a venda anticipada esta tarde para o próximo Día do Club, o sábado 16 de marzo, na visita á bomboneira de ElPozo Murcia, ás 18.30 horas. A afección poderá adquirir as entradas na nova sede burelista (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo) ata o venres 15 entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas.

Os NON SOCIOS tamén poderán adquirir entradas de adulto en Foz (Living Sport), Viveiro (Pizzbur e Dékada) e Ribadeo (Pizzbur) a partir de mañá, mércores.

Para realizar un control exhaustivo da alfuencia ao encontro todos os afeccionados deberán acceder ao recinto de Vista Alegre con entrada. A directiva do CD Burela FS decidiu establecer un prezo simbólico para os menores de 14 anos, 1 euro.

Sorteo dunha bicicleta. A entidade laranxa promoverá a práctica deportiva a través do sorteo dunha bicicleta MMR (valorada en 800 euros), doada pola firma Cerezo Bikes, durante o descanso do partido ante ElPozo. As rifas estarán á venda ata o sábado, por tan só 2 euros a papeleta. 
 


PREZOS PARA SOCIOS

Socios adultos: 3 euros
 
Socios xuvenís (14-18 anos): Gratuíto


PREZOS PARA NON SOCIOS

NON socios adultos: 12 euros
 
NON socios xuvenís (14-18): 3 euros
 

Menores de 14 anos: 1 euro





Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores