Noticias
14 de marzo de 2013
O CD Burela FS inaugurará a súa nova sede o sábado
O presidente da LNFS, Javier Lozano, e o seu homólogo na FGF, José García Liñares, presidirán o acto

O CD Burela FS Pescados Rubén estreará a súa nova sede, sita na Avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, o vindeiro sábado, coincidindo con outra festa do fútbol sala de elite na Mariña, a visita do todopoderoso ElPozo Murcia. O acto de inauguración, previsto para as 12.00 horas, estará presidido polo presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano, e o seu homólogo na Federación Galega de Fútbol, José García Liñares; a estrutura laranxa tamén estará arroupada neste día tan especial por representantes da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e o Concello de Burela, entre outras personalidades.


O club burelista cóase no centro neurálxico da vila mariñá para brindar unha maior proximidade a socios/as laranxas e afeccionados/as ao mundo do fútbol sala. Ademais das oficinas de xerencia deportiva, corpos técnicos e ED EON Burela FS, as novas instalacións acollerán a área de Atención ao Socio e unha nova proposta coa Tenda Laranxa, que ofrecerá unha ampla gama da indumentaria deportiva do Burela FS e unha innovadora e carismática liña de complementos de xoiería (reloxos, pulseiras, colares, chaveiros…).


Tras a inauguración oficial, a nova sede laranxa estará aberta ao público para quen queira visitar as instalacións, ata as 14.00 horas.



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores