Noticias
19 de marzo de 2013
O Burela Fs asinou o Plan de Patrocinio de Deporte Galego

O CD Burela FS Pescados Rubén asinou onte, en Lugo, o Plan de Patrocinio para Clubs de Alta Competición 2012-13 da Fundación Deporte Galego. Á xuntanza dos clubs da Coruña e Lugo co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acudiron representando a entidade laranxa Dolo, Lucía, Juanma e Isi, xunto ao director xeral, José Luis Sáez Castro.


No ámbito do Plan, José Ramón Lete asinou onte os contratos cos 25 equipos das zonas da Coruña e Lugo. Xunto ao club mariñán, tamén estiveron do Basquet Coruña, Universitario de Ferrol, Victoria C. F., Club Viaxes Amarelle F.S., Comarcal A Fervenza FSF, Valdetires Ferrol FSF, Fisober FSF, Club Basketmi Ferrol, Hóckey Club Liceo, Hockey Club Borbolla, Clube Patín Cerceda, Club de Arquitectura Técnica (masculino e feminino), Club de Mar San Amaro, Club Deportivo Aldebarán, Club Instituto Zalaeta, CB Breogán S.A.D., Club Porta XI CB, Club Peluquería Mixta de Friol, Prone Lugo Asociación Deportiva, Agrupación Deportiva A Pinguela e o Club Voleibol Emeve (masculino e feminino).
O Plan, iniciado na tempada 2009/2010, pon de manifesto, segundo Lete Lasa, que “o deporte galego, e dentro del, os nosos clubs de alta competición, son inmellorables embaixadores de Galicia: levan a nosa marca, e os galegos sentímonos correlativamente representados neles”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores