Noticias
19 de marzo de 2013
Celebra o Día do Pai co Burela FS

A ED EON Burela FS reunirá o alumnado da escola laranxa con seus pais sobre a pista de Vista Alegre o sábado 23 e cun balón nos pés, a través dun divertido concurso durante o descanso do Burela FS-UA Alicante (18.30 horas).


Pais e fillos deberán afinar puntería para a emocionante cita destinada ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil da base burelista; as familias que desexen compartir esta entretida xornada poderán inscribirse na nova sede do CD Burela FS ata o venres (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo).


Como folla de inscrición no concurso, cada neno/a deberá entregar un debuxo de seu pai imitando a un xogador/a laranxa. Cada pai, co apoio do seu fillo, participará no descanso do encontro dun xogo no centro da pista. A parella  gañadora será obsequiada con material deportivo.


Atención ao público: De luns a venres 10.00-14.00 // 16.00-19.00

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores