Noticias
21 de marzo de 2013
Esgotando oportunidades

O Burela FS Pescados Rubén B recibe este sábado, ás 16.00 horas, o segundo clasificado de Terceira, Pazos de Borbén, en Vista Alegre.


A falta de cinco xornadas para o remate ligueiro e tras subir tan só 1 punto nas dúas últimas xornadas, os laranxas non poden desaproveitar  oportunidades para empoleirarse de novo ao podio. Tan só tres puntos os separan da segunda praza do rival (puntos).


Roldando os intereses mariñáns, Vigo e Ventorrillo, con 47 puntos, visitan a 5Coruña (noveno) e Cidade de Viveiro (décimo cuarto), respectivamente. Empatado cos burelistas, con 46 puntos, desprázase á pista do Carballiño (décimo terceiro).


Lucas poderá dispoñer de todo o cadro, co regreso de Aarón, tras unha escordadura de nocello que o mantivo afastado da competición varias semanas.


Nesta xornada o líder, O Esteo (61 puntos), podería ter na man a liga, medíndose ao Superti, sétimo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores