Noticias
23 de marzo de 2013
Festival goleador en Vista Alegre
O Burela Pescados Rubén liquidou con autoridade o compromiso ante UA Alicante ao que endosou un inapelable 8-0. Con esta vitoria, a escuadra laranxa mantén o pulso polo título co Atlético de Madrid que venceu por 3-2 ao Roldán.





O conxunto mariñano impartiu un curso de pesca á escuadra mediterránea xa que, sorprendentemente, as burelesas cederon desde o inicio a iniciativa do xogo ás visitantes que picaron o anzuelo sen dubidar. O Burela Pescados Rubén aproveitou os espazos e golpeou sen compaixón. A lección táctica deseñada por Javier Pardeiro comezou a xerar os seus froitos por mediación de Dany que abriu o marcador, minuto 3, e Maite que situou o 2-0, minuto 6, cunha preciosa vaselina.

 

A boa disposición defensiva do Burela minimizaba a posesión universitaria que se estrelaba continuamente contra o muro laranxa e Jozi. As burelesas esperaban con paciencia unha nova ocasión e Peque soltou o zarpazo que minou a moral do Alicante. No minuto 17, roubou un balón en zona alta e sen vacilar bateu a Sonia para establecer o 3-0 co que se chegou ao descanso.

 

Na continuación, o Burela Pescados Rubén continuou madurando ao seu rival e de novo apareceu Peque para marcar o 4-0 nunha contra. O Alicante aínda que non se rendeu, buscou con desesperación unha reacción co xogo de cinco. A seriedade laranxa propiciou que o último cuarto do partido resultase un festival de xogo e goles. Dany, Lidia, Peque e Maite completaron a goleada (8-0) que brindaron á súa afección.

 


Ficha técnica

Burela Pescados Rubén: Jozi, Lucía Nespereira, Haydee, Peque y Lidia Mesía –cinco inicial – Dany, Maite, Dolo, Lara, Paula e Silvia.

U.A. Alicante: Sonia, Mónica, Noelia, Sofía Vieira, Andrea –cinco inicial- María Molina, Susana, Paula, Txitxo e Sara.

Goles: 1-0, m.3, Dany; 2-0, m.6, Maite; 3-0, m.17, Peque; 4-0, m.23, Peque; 5-0, m.31, Dany; 6-0, m.34, Lidia Mesías; 7-0, m.36, Peque; 8-0, m.37, Maite.

Árbitros: Valdés Urraca e Valdés Urraca. Asturias

Incidencias: Encontro disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 400 espectadores.

 


 




 



 



 









Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores