Noticias
23 de marzo de 2013
A permanencia máis cerca
O Burela Pescados Rubén logra unha vitoria fundamental ante o Colegio Arenas Gáldar (0-1) para conseguir a permanencia en Primeira División.

Christian dinamitou a esperanza canaria na recta final dun partido de máxima tensión, que o Burela Pescados Rubén puido resolver con anterioridade. O conxunto galego levou a iniciativa ante un Gáldar moi conservador que esperaba agazapado para aproveitar algún despiste laranxa. Os de Juanlu mostraron a súa solvencia defensiva e foron máis incisivos ofensivamente que os canarios pero ao descanso chegouse co empate inicial.


Na segunda parte, o decorado foi idéntico. As mellores ocasións eran de cor laranxa pero faltaba lucidez na definición ata que chegou o disparo de Christian, minuto 37, aproveitando un rexeite tras unha xogada de estratexia. Co 0-1, os canarios buscaron o empate co xogo de cinco pero o Burela Pescados Rubén defendeu con serenidade e aplomo o seu botín.



 


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores