Noticias
25 de marzo de 2013
A intensidade da segunda parte dálle os tres puntos ao Burela FS B (4-1)

O Burela FS Pescados Rubén B conseguiu tres puntos moi traballados na visita do Pazos de Borbén. Despois dunha primeira parte sen garra, os pupilos de Lucas repuxéronse do 0-1 en contra  e atoparon a clave do gol nos últimos seis minutos para rematar 4-1.


A escasa enerxía inicial e os desaxustes ofensivos condicionaron o transcurso do primeiro período, fronte a un rival que se dedicou a buscar o perigo á contra. Precisamente así foi como, no minuto 10,  o Pazos de Borbén se puxo por diante grazas a  Jacobo. Tras o gol, a pesar de que o filial dominaba non creaba perigo, coa versión oposta do Pazos, que dispuxo de numerosas ocasións.


Con 0-1, o Burela FS B volveu tras o descanso con máis intensidade, aínda que tamén coa sombra das imprecisións en ataque; os mariñáns continuaron co dominio e o Pazos coas mellores ocasións, de novo ante o muro de Brais. A finalización laranxa fíxose esperar; a seis minutos para o toque final  por fin chegou o empate, tras unha boa xogada colectiva que culminou Antón. Un minuto máis tarde o de Fazouro volveu perforar a meta rival, tras un roubo en primera liña de presión de Manu. Fabio ampliou a vantaxe no 38, tras un contragolpe. O 4-1 definitivo subiuno Manu ao luminoso, no 39, fronte ao xogo de cinco dos de Borbén.


 


Ficha técnica


Pazos de Borbén: Bizza, Jacobo, Lito, Santi e Jony. Tamén xogaron Esteban, Marcelo, José, Borja e Luis.                                                                                                                 
Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Antón e Keko. Tamén xogaron  Carlos, Souka, Xoia e Manuel.
Goles: 0-1, minuto 10, Jacobo; 1-1, minuto 34, Antón; 2-1, minuto 35, Antón; 3-1, minuto 37, Fabio; 4-1, minuto 39, Manu
Árbitros:  Corrochano Ibáñez e Dans Rey

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores