Noticias
26 de marzo de 2013
Manuel Rubiños, gañador do Día do Pai Laranxa



O alevín laranxa Manuel Rubiños recibiu un balón asinado polos xogadores do Burela FS Pescados Rubén, como gañador do Día do Pai Laranxa.

Durante o descanso do esmagador Burela FS-UA Alicante (8-0) da Primeira RFEF, o alumno da ED EON Burela FS participou o sábado pasado nun divertido xogo de dobres penaltis cos irmáns Asier e Isaac Regueira, prebenxamín e benxamín burelistas, e o alevín Diego Eijo, xunto a seus pais.

Os debuxos presentados como formulario de inscrición (figura do pai imitando a un xogador/a do club) no concurso están expostos no taboleiro de Vista Alegre.



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores