Noticias
3 de abril de 2013
Unha marea laranxa, preparada para irromper na capital galega

A peña Pataca Naranxa acompañará o CD Burela FS Pescados Rubén no seu desprazamento á capital galega, o sábado 13 de abril, para medirse ao Santiago Futsal.

Ata o xoves 11 de abril todos os socios/as da Pataca poderán apuntarse para o desprazamento no número de teléfono 607 74 87 86; o custo da viaxe, coa entrada para o partido, será de 10 euros. O resto das persoas poderán inscribirse no caso de que queden prazas libres.


O autobús partirá ás 14.30 horas da cafetería Vista Alegre, ao lado da estación de servizo, e regresará ao finalizar o encontro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores