Noticias
3 de abril de 2013
Dobre representación burelista no Campionato Nacional de Seleccións de Oropesa (5-7 de abril)
Noé (centro) e Cristian xunto ao seleccionador Iván García



Galicia acudirá ao Campionato Nacional de Seleccións de Oropesa (5-7 de abril), con dobre representación burelista, o infantil Noé Cabana e o o cadete Cristian García.

 

O combinado irmandiño cadete disputará o pase á final en Benicasim no Grupo B, con Castela A Mancha e a anfitrioa, Valencia. O Grupo A estará integrado por Murcia, Estremadura e Andalucía.

 

A selección infantil, no Grupo A, medirase a Murcia e Castela A Mancha en Oropesa. Valencia, Estremadura e Andalucía enfrontaranse no outro grupo.

 

A final, entre os campións, será o domingo 7 en Ciutat Esport.

 

Venres 5 de abril

 

17.30 horas: Valencia-Galicia (Cadete)-Benicasim

18.00 horas: Castela A Mancha-Galicia (Infantil)-Oropesa

 

 

Sábado 6 de abril

 

10.00 horas: Perdedor Castela/Galicia-Murcia (Infantil)-Oropesa

11.30 horas: Perdedor Valencia/Galicia-Castela A Mancha (Cadete)-Benicasim

17.00 horas: Murcia-Gañador Castela/Galicia (Infantil)-Oropesa

18.30 horas: Castela A Mancha-Gañador Valencia/Galicia (Cadete)-Benicasim

 

 

Domingo 7 de abril

Ciutat Esport

 

10.15 horas: Final Infantil

12.00 horas: Final Cadete







Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores